formamos equipos…

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

 

Formamos equipos para poder traballar no noso proxecto, cada grupo terá que buscar e traer información e explicala ao resto dos grupos sobre un animal relacionado coa ría de Ferrol e a súa contorna.

O grupo de  1º  escolle os  nomes dos equipos e son: «Aguapark», «Los cocodrilos», «Los increíbles» e » Anguila dorada».

E os de 2º son :

Nos equipos de traballo cada un de nós temos unha función e un papel xa que, todos somos importantes e necesarios para poder facer o traballo. As funcións de cada neno nos grupos de traballo de son:

un coordinador, un secretario, un portavoz, un técnico de son e un técnico de material.

 

 

fios conductores

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

Cando comezamos un proxecto formulámoslles varias preguntas abertas, as que lle chamamos hilos conductores e coas que pretendemos que os nenos formulen hipóteses, en moitas ocasións serán erróneas xa que non serán preguntas pechadas cunha única resposta pero o importante é que aprendan a relacionalas cos contidos previos.

Os fíos conductores de 1º curso son :

  •  ….e se poño aletas??
  • … impresionantes vistas!!
  • … como medran !!!

E os fíos conductores de 2º son:

  • … hai alguén aí ?
  • … botar ou votar ?
  • … quen manda ?

Coñecimos a Paco

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

Eran moitas as preguntas que nos facíamos, pero tamén eran moitas as hipóteses que nós tiñamos sobre quen deixara esas aletas e porque había un charco …. pero pronto resolvimos as dúbidas, coñecimos a Paco o mergullador. Leva moitos anos facendo inmersións na nosa ría; por iso contounos un montón de cousas interesantes xa que coñece perfectamente os fondos mariños e os seres vivos que habitan na ría de Ferrol.

 

As secuoias

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

Na nosa 1ª unidade de CC.Naturais estivemos vendo seres vivos, e xurdiu o tema das árbores máis altas, que son as secuoias, e por iso decidimos buscar algo de información para compartila cos nosos compañeiros….. E tamén coñecimos o ¨ XENERAL Sherman¨.

 

A nena e o grilo mais aló….

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

 

Esta semana fixemos unha saída a mostra de teatro de Narón onde desfrutamos da obra de teatro ¨A nena e o grilo máis aló¨ .

Nesta última creación A nena e o grilo corren novas aventuras: esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte?