PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID COLEXIO SAN ROSENDO

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

 

Queridas familias poñémonos á vosa disposición o protocolo de “ADAPTACIÓN DO COLEXIO SAN ROSENDO Á SITUACIÓN COVID”. Este protocolo ten por obxecto crear unha contorna escolar saudable e segura mediante o establecemento de medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse no inicio do desenvolvemento do curso escolar 2020/2021, tanto polo persoal docente e non docente como polo alumnado e as súas familias, co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio por COVID-19.

BECAS DE COMEDOR E AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2020/2021

Por En Noticias No hay comentarios

No Concello de Ferrol xa está aberto o prazo para a solicitude das BECAS DE COMEDOR e ás AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN para o próximo curso 2020/2021. A continuación tedes as ligazóns para acceder á convocatoria e aos impresos das solicitudes.

CONVOCATORIA BECAS COMEDOR

IMPRESOS SOLICITUDE BOLSAS COMEDOR

CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN

IMPRESOS SOLICITUDE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN ORDINARIA

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Queridas familias, como na 2ª avaliación, as cualificacións serán publicadas a través de Abalar Móbil o venres 19 de xuño de 2020 a partir das 12h da mañá. As familias que non teñades descargada a aplicación debedes poñervos en contacto coa titora do/a voso/a fillo/a para que volas remita por correo electrónico.

Un saúdo