Aproveitando a chegada do Nadal e por suposto, Papá Noel e os Reis Magos, o clube de lectura recomenda os seguintes títulos que de seguro, gustarán a quen os lea.
Como colexio integrador que somos abrindo as nosas portas a todas as persoas, independentemente das súas capacidades, o venres 2 de decembro celebramos o día da discapacidade levando a cabo distintas actividades:
- Marta e o seu día a día como traballadora no centro
- Visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (ASF) acudiu a contarnos un contacontos Azul é peregrino.
- Visita de Álvaro Illobre e dous compañeiros máis que nos ensinaron a práctica do baloncesto desde a súa cadeira de rodas
Todas estas actividades serviron para acercarnos un pouco máis á sociedade na que vivimos.
Moitas grazas a todos!
O pasado 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Dentro dos actos levados ao cabo no centro, falamos en cada aula da importancia do respecto, compromiso, empatía e amor por e para todas as persoas a través do conto Arturo e Clementina e posteriormente, fixemos unha cadea contra a violencia de xénero dixital no patio central do colexio.
Os integrantes do clube de lectura decidiron dar un paso máis e gravaron o conto utilizando un recurso moi habitual nas películas: o chroma.
Aquí está o resultado. A desfrutar!
Con motivo do Día Mundial da Infancia que se celebra cada 20 de novembro, os estudantes e profesorado do colexio quixemos celebrar esta data levando a cabo unha actividade dobre: a lectura da adaptación do título Unha chea de familias levada a cabo polo clube de lectura e posterior charla sobre as distintas familias da man de dúas nais da comunidade educativa.

Desde as áreas de Educación física e psicomotricidade imos traballar distintos deportes. Esta semana tocou judo da man de Alberto Castro e Alba Martínez, ambos de A.D. Judo Ferrolterra.

O venres 23 de setembro todo o alumnado do colexio recibiu a visita de Eduardo Hermida, artista local e organizador do evento de arte urbano Meninas que se celebra de xeito anual desde hai máis de dez anos.
Grazas a Eduardo, os nenos e nenas puideron resolver dúbidas con respecto á creación das meninas: como pintaban a semellante altura ou quen pintou as meninas que hai no patio, entre outras.
Despois da súa intervención, cada curso dirixiuse a unha menina co fin de plasmala nunha folla e tamén aproveitaron para facer unha pequena ruta e descubrir outras meninas do barrio.
QUE GUSTO VER AO ALUMNADO DEBUXANDO E DESFRUTANDO NA ESTRADA!
Pica na imaxe

Pica na imaxe

Hoxe, o colexio celebrou a 18º edición da carreira solidaria «kilómetros de solidariedade» organizada pola ONG Save the children.
A carreira ten como obxectivo a sensibilización da comunidade educativa coa situación infantil no corno de África.
Cada alumno/a aportou o seu donativo a través dos seus patrocinadores/familia pola distancia percorrida mostrados no carné de corredor de cada un.
Despois de moito tempo, todo o alumnado celebrou un bonito día de convivencia para despedir o curso académico 2021-2022 na área recreativa de Pedroso.
Bailaron, xogaron no parque, comeron, investigaron, cantaron… é dicir, desfrutaron dun fermoso día en plena natureza preto do río Xuvia que lles refrescou a estancia.
