Con motivo da celebración dos Maios de Canido, o pasado venres 6 festexamos e adornamos o colexio implicándonos deste xeito, na decoración floral do barrio ao mesmo tempo que aportamos máis contido de xeito práctico ao proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo. Velaquí neste vídeo unha pequena mostra de todo o proceso: facendo as guirnaldas, decorando o noso cruceiro, bailando ao son da gaita de Fausto… foi un día moi alegre para todo o claustro e alumnado.
O alumnado do colexio participou novamente no certame literario «Inventa unha flor» promovido pola Asociación cultural Muíño do vento cuxo obxectivo é fomentar a participación na festa dos Maios, tradicional no barrio, así como estimular os valores de cooperación, beleza e respecto pola natureza mediante a palabra.
O alumnado e profesorado do colexio saímos do centro educativo con motivo do Día do libro e aproveitamos o proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo para escoller un lugar tranquilo do barrio no que se localiza o colexio e así desfrutar moito máis do tempo de lectura diario.
Amais, deseñamos uns marcapáxinas da man de SAVE THE CHILDREN para vendelos simbolicamente e enviar a nosa axuda ao pobo ucraniano.
O día de Rosalía De Castro celebrouse o 23 de febreiro e os nenos e nenas do colexio San Rosendo quixemos homenaxear a nosa poetisa máis importante, traballando sobre parte da súa vida e obra de distintas formas. En función do curso no que nos atopábamos (recitamos, escribimos, fixemos murais…) e deste xeito , sentimos a Galicia de Rosalía, valoramos as marabillas da nosa terra e a sorte q temos de vivir nela!
Con motivo del día de la paz y la no violencia escolar celebrado el 30 de enero, los niños y niñas del colegio San Rosendo hemos trabajado personalidades relacionadas con la paz en el mundo:
Queridas familias próximamente tendréis que elegir colegio para vuestros hijos/as. La elección del colegio en el que vuestros hijos aprenderán a relacionarse, a jugar, a pensar, a comprender , … a SER FELICES es quizás una de las decisiones más importantes que tendréis que tomar. A continuación os abrimos la puerta de nuestro cole para que podáis conocerlo.
¡OS ESTAMOS ESPERANDO!
Presentación de nuestro Colegio y del Proyecto Educativo
En este vídeo podréis hacer un recorrido por el colegio acompañado de nuestros niños/as
Nuestros niños y niñas de E. Infantil os enseñan en este vídeo todo lo que hacen en el cole y lo bien que se lo pasan aprendiendo.
Por último nos gustaría que conocierais NUESTRA HISTORIA y los pilares de nuestro Proyecto Educativo.
Hai xa un ano que iniciamos o noso proxecto da MAXIA DO CAMIÑO. Ao longo deste ano descubrimos a beleza dos seus espazos naturais, coñecemos lugares novos, aprendemos os seus costumes, enriquecémonos da súa beleza artística, cultural… pero o máis importante desta viaxe foi aprender a salvar xuntos todas os tropezos que atopamos e que nos permitiron chegar ao final moito máis fortes e unidos.
No tramo final do noso CAMIÑO os nenos e nenas de San Rosendo recibimos a visita do APALPADOR. O Apalpador é unha figura mítica da tradición galega que estaba ao límite da desaparición e que está sendo recuperada nos últimos anos grazas a intensa campaña realizada por un grupo de investigadores e profesores.