Educación Especial
AO AIRE LIBRO
O alumnado e profesorado do colexio saímos do centro educativo con motivo do Día do libro e aproveitamos o proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo para escoller un lugar tranquilo do barrio no que se localiza o colexio e así desfrutar moito máis do tempo de lectura diario.
Amais, deseñamos uns marcapáxinas da man de SAVE THE CHILDREN para vendelos simbolicamente e enviar a nosa axuda ao pobo ucraniano.
CARNAVAL, CARNAVAL
Os alumnos/as do colexio preparamos varias actividades para celebrar o inicio do proxecto CANIDO EN NOMES e tamén o entroido.
Aproveitando o noso percorrido polas rúas do barrio de Canido, cantamos o poema musicado de Antón Cortizas.
Deixamos un vídeo co proceso de preparación do disfrace así como o percorrido polas distintas calles e edificios emblemáticos deste barrio.
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O día de Rosalía De Castro celebrouse o 23 de febreiro e os nenos e nenas do colexio San Rosendo quixemos homenaxear a nosa poetisa máis importante, traballando sobre parte da súa vida e obra de distintas formas. En función do curso no que nos atopábamos (recitamos, escribimos, fixemos murais…) e deste xeito , sentimos a Galicia de Rosalía, valoramos as marabillas da nosa terra e a sorte q temos de vivir nela!
DÍA DE LA PAZ Y LA NO VIOLENCIA ESCOLAR
Con motivo del día de la paz y la no violencia escolar celebrado el 30 de enero, los niños y niñas del colegio San Rosendo hemos trabajado personalidades relacionadas con la paz en el mundo:
Malala en Educación infantil
Martin Luther King en 1º de Educación primaria
Nelson Mandela en 2º de Educación primaria
Rigoberta Menchú en 3º de Educación primaria
Dalai Lama en 4º de Educación primaria
Wangari Maathai en 5º de Educación primaria
María Ressa en 6º de Educación primaria
A MAXIA DO CAMIÑO
Hai xa un ano que iniciamos o noso proxecto da MAXIA DO CAMIÑO. Ao longo deste ano descubrimos a beleza dos seus espazos naturais, coñecemos lugares novos, aprendemos os seus costumes, enriquecémonos da súa beleza artística, cultural… pero o máis importante desta viaxe foi aprender a salvar xuntos todas os tropezos que atopamos e que nos permitiron chegar ao final moito máis fortes e unidos.
O APALPADOR ILUMINA O CAMIÑO COA SÚA MAXIA
No tramo final do noso CAMIÑO os nenos e nenas de San Rosendo recibimos a visita do APALPADOR. O Apalpador é unha figura mítica da tradición galega que estaba ao límite da desaparición e que está sendo recuperada nos últimos anos grazas a intensa campaña realizada por un grupo de investigadores e profesores.
CONCERTO DE NADAL
O claustro de profesores do colexio San Rosendo deséxavos unhas FELICES FESTAS e convídavos a disfrutar e cantar con todos os nosos nenos e nenas as PANXOLIÑAS de NADAL.