Educación Especial
Celebrando o final de ano!
A comunidade educativa celebrou o seu particular fin de ano o último xoves lectivo. Houbo tempo para o baile, as cancións e para festexar a entrada ao novo ano despois de comer e brindar.
FELIZ 2024!
PICA NA IMAXE
O clube de lectura no Nadal
Este ano os membros do clube de lectura quixeron repetir a experiencia de visitar as aulas para contar o seu conto de Nadal.
PICA NA IMAXE

25N – Día contra a violencia de xénero
Este venres 24 de novembro celebramos o día contra a violencia de xénero a través dunha actividade promulgada pola FANPA na que o alumnado aprendeu a realizar un xesto internacional para pedir auxilio ante a violencia de xénero.
pica na imaxe
DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA
Hoxe, 22 de novembro, celebramos o Día internacional da música no noso centro.
Grazas a Fausto e Susana, puidemos desfrutar escoitando varios anacos de pezas musicais das películas infantís Aladdin e Up máis un anaco de O son do Ar no tempo que tocaban o saxofón e o violín.
ENCANTOUNOS!
pica na imaxe
24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Nestes días quixemos celebrar o Día das bibliotecas. O noso centro conta con dito instrumento que apoia o noso proxecto educativo. Desde o claustro pensamos que é un lugar de lecer onde poder facer actividades relacionadas coa lectura. Este ano quixemos facer un recuncho especial adicado a O Principiño. E todos e todas deixamos a nosa pegada.
«FAI DA TÚA VIDA UN SOÑO E DO DO TEU SOÑO UNHA REALIDADE»
PICA NA IMAXE
CELEBRANDO O MAGOSTO E SAMAÍN
O pasado 2 de novembro celebramos a festa do magosto e samaín cantando a canción, comendo castañas asadas e bebendo batido de chocolate.
Debido ao tempo dese día, non foi posible celebralo todos xuntos como facemos todos os anos pero pasámelo igualmente ben facendo o obradoiro de caretas e cantando a canción que aprendimos con Fausto.
PICA NA IMAXE
Poñendo en práctica os coñecementos sobre as células
Desde a área de Ciencias da natureza, coñecimos as características principais dunha célula, as súas partes e as diferenzas que hai entre as células vexetais e animais, elixiron un tipo dela e expuseron os seus coñecementos mediante unha maqueta.
BEN XEITOSAS TODAS AS CÉLULAS!
PICA NA IMAXE
BUSCANDO AS MENINAS
O pasado luns 23 de outubro, todo o alumnado e profesorado realizamos a actividade cultural «Buscando as Meninas» a través de pistas entregadas nunha folla aos nenos/as de educación primaria e tamén a través das profesoras de educación infantil.
Descubrimos novas meninas, recoñecimos as meninas máis famosas e grandes e fixemos un percorrido polo barrio no que está o noso colexio.
PICA NA IMAXE
Visita á lonxa
O pasado venres todo o alumnado de educación infantil visitou a lonxa de Ferrol. Desfrutamos dunha xornada moi divertida coñecendo de primeira man como son algunhas especies mariñas.
PICA NA IMAXE

