Hai xa un ano que iniciamos o noso proxecto da MAXIA DO CAMIÑO. Ao longo deste ano descubrimos a beleza dos seus espazos naturais, coñecemos lugares novos, aprendemos os seus costumes, enriquecémonos da súa beleza artística, cultural… pero o máis importante desta viaxe foi aprender a salvar xuntos todas os tropezos que atopamos e que nos permitiron chegar ao final moito máis fortes e unidos.
