Os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria recibiron a visita de Paco o Mergullador, como punto de partida do seu Proxecto sobre «A ría de Ferrol» (Blog 1º e 2º)

Blog
o MAGOSTO……
Así aprendíamos a nosa canción do magosto…


…e así o pasamos na nosa celebración…….
Auga que non beberás……
Co agasallo que nos trouxo Paco o mergullador fixemos unha actividade na que probabamos un pouco de ¨auga de mar¨, para ver a diferencia entre esta auga e a que bebemos…..
Estamos encantados co proxecto que estamos a levar a cabo….!!!!!!!!!!
formamos equipos…
Formamos equipos para poder traballar no noso proxecto, cada grupo terá que buscar e traer información e explicala ao resto dos grupos sobre un animal relacionado coa ría de Ferrol e a súa contorna.
O grupo de 1º escolle os nomes dos equipos e son: «Aguapark», «Los cocodrilos», «Los increíbles» e » Anguila dorada».
E os de 2º son :
Nos equipos de traballo cada un de nós temos unha función e un papel xa que, todos somos importantes e necesarios para poder facer o traballo. As funcións de cada neno nos grupos de traballo de son:
un coordinador, un secretario, un portavoz, un técnico de son e un técnico de material.
fios conductores
Cando comezamos un proxecto formulámoslles varias preguntas abertas, as que lle chamamos hilos conductores e coas que pretendemos que os nenos formulen hipóteses, en moitas ocasións serán erróneas xa que non serán preguntas pechadas cunha única resposta pero o importante é que aprendan a relacionalas cos contidos previos.
Os fíos conductores de 1º curso son :
- ….e se poño aletas??
- … impresionantes vistas!!
- … como medran !!!
E os fíos conductores de 2º son:
- … hai alguén aí ?
- … botar ou votar ?
- … quen manda ?
O noso proxecto : A ría de Ferrol
E chegou o momento de explicarlles aos nenos o porque da visita de Paco, e polo tanto de presentarlles cal sería o noso primeiro proxecto : A ría de Ferrol .
O agasallo de Paco
Paco, ademais de falarnos sobre a fauna e a flora da nosa ría, tamén nos falou sobre a contaminación da auga e como debemos coidar o noso Planeta. E para rematar, deixounos un agasallo para as dúas clases, co que traballaremos máis adiante no noso proxecto….
somos mergulladores
Paco coas suas histarias sobre o fondo do mar levounos a ser mergulladores por uns segundos nós tamén…. e porque nos puxemos a máscara de mergullo…..
Coñecimos a Paco
Eran moitas as preguntas que nos facíamos, pero tamén eran moitas as hipóteses que nós tiñamos sobre quen deixara esas aletas e porque había un charco …. pero pronto resolvimos as dúbidas, coñecimos a Paco o mergullador. Leva moitos anos facendo inmersións na nosa ría; por iso contounos un montón de cousas interesantes xa que coñece perfectamente os fondos mariños e os seres vivos que habitan na ría de Ferrol.






