MenS saNa iN CorpoRe SanO

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

      As áreas de Educación física e Naturais decidimos xuntarnos en 3º EP para levar a cabo un pequeno pero movido proxecto no que combinamos os hábitos saudables contra as enfermidades.

     Primeiro, cada equipo de traballo (formado xa desde inicio de curso) traballou un contido a través dun pequeno texto:

  • Ejercicio físico en nuestras vidas
  • Una buena alimentación es básica para estar sanos
  • Luchamos contra posibles enfermedades
  • Higiene postural y corporal
  • Toca descansar

     Logo, escollimos as palabras clave de cada documento e fixemos un pequeno resumo. Ao mesmo tempo, puxemos en práctica os contidos traballados nas sesións de Educación física a través da actividade física e xogos con tarxetas.

     En terceiro lugar, escribiron o anteriormente feito nunha cartolina á que engadiron debuxos relacionados co tema. Posteriormente, comentaron aos compañeiros o traballo realizado e responderon as preguntas.

     Finalmente, as profes decidimos crear un kahoot para averiguar se o proxecto tivera resultado.

Deixamos un vídeo co resumo do seu traballo 🙂

A tope coas máquinas!

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Despois de coñecer que é unha máquina, os tipos que hai e a cantidade de máquinas simples que temos ao noso arredor e que usamos todos os días (ou case), os nenos de 4º EP decidimos crear obxectos cotidianos utilizando máquinas simples como poden ser unha polea, unha panca, un plano inclinado ou unha roda. O resultado é espectacular! 

                         Aviso: aquí hai grandes e futuros enxeñeiros! 😉

ENSINO A DISTANCIA

Por En Noticias No hay comentarios

Tendo en conta a Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19.

No seguinte enlace tedes o «Plan de Ensino a Distancia do Colexio San Rosendo» que se aplicará no suposto de «Peche do Colexio»

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Por En Noticias No hay comentarios

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

 

ORDE 6 DE NOVEMBRO DE 2020

 

DESTINATARIOS:

Alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria que pertenza a unidades familiares cunha renda per capita igual ou inerior a 6.000 euros no exercicio de 2018 ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES:

  1. O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar (vale de 50 €) no curso 2020-21 (actual), non terá que presentar solicitude.
  2. O resto de alumnado que cumpra cos condicións de renda e/ou discapacidade antes sinaladas, e que non presentou a axuda para o material para o curso 2020-21, presentará unha solicitude por medio dos proxenitores ou titores legais mediante o formulario normalizado.
  3. O impreso de solicitude obterase no centro docente, no portal educativo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electronica da Xunta https://sede.xunta.gal.

ANEXO I E II

 

PRESENTACIÓN:

  • O prazo de presentación será de 10 días hábiles; é dicir, ata o 25 de novembro inclusive.
  • As solicitudes presentaranse no centro e estarán acompañadas da documentación seguinte:
    • Anexo II debidamente cuberto e asinado.
    • Copia do libro de familia onde figure o/os alumnos/os e os demais membros computables. Se algún membro computable non figurase no mesmo, poderase acreditar mediante o certificado ou volante de convivencia ou mediante informe dos Servizos Sociais do Concello.
    • En caso de separación ou divorcio a sentenza e/ou convenio regulador onde figure a custodia do menor.
    • Certificación da discapacidade do alumno/a ou dalgún familiar, se no é da Xunta de Galicia.
    • Documentación acreditativa de violencia de xénero, se houbese.
  • Esta documentación non será necesaria se xa foi presentada no seu día para a xuda de libros e material escolar no curso 2020-21.
  • A documentación será a correspondente aos datos a 31 de decembro de 2018 e presentarase orixinal e copia para o seu cotexo.