Hai xa un ano que iniciamos o noso proxecto da MAXIA DO CAMIÑO. Ao longo deste ano descubrimos a beleza dos seus espazos naturais, coñecemos lugares novos, aprendemos os seus costumes, enriquecémonos da súa beleza artística, cultural… pero o máis importante desta viaxe foi aprender a salvar xuntos todas os tropezos que atopamos e que nos permitiron chegar ao final moito máis fortes e unidos.
No tramo final do noso CAMIÑO os nenos e nenas de San Rosendo recibimos a visita do APALPADOR. O Apalpador é unha figura mítica da tradición galega que estaba ao límite da desaparición e que está sendo recuperada nos últimos anos grazas a intensa campaña realizada por un grupo de investigadores e profesores.
O claustro de profesores do colexio San Rosendo deséxavos unhas FELICES FESTAS e convídavos a disfrutar e cantar con todos os nosos nenos e nenas as PANXOLIÑAS de NADAL.
Desde a área de Educación física, o grupo de 6º E.P. participou no II festival escolar do camiño inglés e Xacobeo 21-22 e fanpa Ferrolterra resultando gañadores grazas ao tiktok realizado por eles tendo como referencia o modelo facilitado por este organismo.