O 24 de abril celébrase o día do libro e aproveitando que este ano é o 80 aniversario do libro El principito, quixemos dedicarlle a xornada facendo unha lectura adaptada nas distintas etapas e ciclos educativos.
PICA NA IMAXE
Estimadas familias,
Comunicámosvos que co remate deste curso 2022/23, remata tamén o prazo de representación dos membros da actual Xunta Directiva da ANPA ATAHONA do CPR San Rosendo.
Os membros da xunta directiva, que levan xa desde o curso 2011/2012 ao fronte da asociación, prestando a súa colaboración, tempo e traballo en favor da nosa Comunidade Escolar, marchan do Centro igual que os seus fillos e fillas de sexto de primaria.
Esta asociación, que leva activa de maneira ininterrompida desde o ano 1993, e pola que pasaron xa numerosos equipos directivos, é a responsable de organizar as Actividades Extraescolares, entre outros actividades que axudan a que o noso cole sexa cada día un pouquiño mellor.
Por este motivo, comunicámosvos a continuación o calendario que vai seguirse neste proceso de renovación da xunta directiva da ANPA:
Todos aqueles socios da ANPA que esteades interesados en presentar a vosa candidatura para a Xunta Directiva da Asociación, deberedes facelo enviando a vosa candidatura ao correo electrónico da ANPA: anpaatahona@gmail.com poñendo no correo en asunto: CANDIDATURA XUNTA DIRECTIVA ANPA
Animámosvos a que participedes neste proceso de renovación presentando candidaturas e votando. Se tedes dúbidas das funcións da ANPA, se non sabedes como funciona e que hai que facer, non vos preocupedes porque podedes escribirnos e guiarémosvos e contestaremos a todas as vosas dúbidas os que estamos na xunta actual, ademais de asesorarvos nos primeiros meses do voso mandato se vos xorden dúbidas e pedídesnolo. Sabede que o único requisito (ademais de ter un fillo matriculado no colexio) é ser socio da ANPA durante o presente curso 2022/2023 e ter moita ilusión e ganas de colaborar.
Grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo


Os estudantes de 5º e 6º de educación primaria recibiron a visita de tres enfermeiras pertencentes á área sanitaria de Ferrol co fin de ensinar accións básicas de primeiros auxilios.
Primeiro comprobaron que coñecementos previos tiñan acerca do tema e logo ensinaron a poñer a unha persoa en posición lateral de seguridade, os números aos que chamar se hai unha emerxencia, como realizar unha RCP e incluso como facer cando atragoámonos cun alimento.
Estas dúas últimas semanas estiveron traballando un contido xa coñecido polos estudantes de 6º de educación primaria: os sectores económicos. Esta vez distribuíronse en grupos pequenos de modo que cada un traballou un contido concreto, buscando información na plataforma Aulaplaneta, organizando dita información obtida e por último, expoñendo aos seus compañeiros/as. Houbo grupos que fixeron teatro e outros foron máis serios na súa exposición pero todos o fixeron moi ben. Moi contenta cos resultados!


Os estudantes de 5º de educación primaria levaron a cabo un traballo grupal grazas ao cal descubriron como son os lilium de cerca grazas ao uso dunha lupa microscópica. Tamén aproveitaron para disecar o lilium (separar as partes dun ser vivo) e así comprobar que partes tiña dita flor.
Que ben senta diseccionar unha flor e así comprobar que os contidos do libro corresponden coa realidade, verdade? Iso fixeron hoxe os estudantes de 3º de educación primaria na área de ciencias da Natureza mediante un traballo por parellas.
O alumnado de 5º e 6º de educación primaria realizou as sesións de educación física no parque Raíña Sofía para así poñer en práctica un novo deporte: o beisbol.
Desde as áreas de Lingua galega e Lingua castelá o alumnado de 5º e 6º de educación primaria está traballando distintas técnicas para revisar e seguir aprendendo contidos: xogos de mesa, presentacións orais e traballos de investigación utilizando as TIC son algunhas das ferramentas utilizadas.