
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2025 – 2026

PICA NA IMAXE PARA LER A INFORMACIÓN
Os alumnado de 5º EP participou por segundo ano e con moitísima ilusión no II concurso de ideas de Educación viaria. Este ano estaba adicado a reducir a siniestraliedade nos pasos de peóns e con gran alegría resultaron gañadores do primeiro premio.
Un recoñecemento merecidísimo ao seu esforzo, creatividade e traballo en equipo.
O grupo de 6ºEP levou a cabo un obradoiro para fabricar plastilina condutora da electricidade desde a área de Ciencias da Natureza. Para iso, utilizaron materiais caseiros como auga, zume concentrado de limón, fariña e sal. Despois, engadiron os cables, a batería, a luce LED e …fíxose a luz!