CONVIVENCIA 2026

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado mércores 17 de xuño, todo o alumnado celebrou unha xornada de convivencia para despedir o curso escolar 2025-2026 na área recreativa de Pedroso.
Ao longo do día compartiron xogos, actividades ao aire libre, momentos de lecer e compañeirismo, gozando dun ambiente distendido e festivo. Tamén tiveron tempo para explorar a contorna natural, conversar cos seus compañeiros e compañeiras e desfrutar dunha agradable comida en grupo.
Foi unha fermosa xornada de convivencia en plena natureza, preto do río Xuvia, que serviu para poñer un magnífico broche final a un curso cheo de aprendizaxes, experiencias e bos momentos compartidos.

(pica na imaxe)

Los comentarios están cerrados