Blog de Quinto y Sexto
Animais en perigo
Despois de traballar a clasificación dos animais, decidín que era importante saber que significa que os animais estean en perigo. Mediante unha elección previa de animais e un sorteo posterior, cada alumno/a de 5º de educación primaria investigou sobre varios exemplares que están en perigo en Galicia.
Plantando coa Escola infantil Cativos San Rosendo
Ao inicio desta semana a Escola infantil Cativos San Rosendo invitou ao alumnado de 6º de educación primaria para axudarlles coa preparación da súa horta escolar.
Encantados/as quedamos ao ver como desfrutaron coa nosa visita!
MOITAS GRAZAS POLA INVITACIÓN!
Coñecendo Europa
Despois de coñecer as principais institucións da Unión Europea e de aprender a división territorial do noso continente, o alumnado de 6º de primaria investigou sobre un país europeo escollido por eles. Falaron, entre outros temas, sobre a súa bandeira, a localización e a súa gastronomía.
PICA NA IMAXE
25N – Día contra a violencia de xénero
Este venres 24 de novembro celebramos o día contra a violencia de xénero a través dunha actividade promulgada pola FANPA na que o alumnado aprendeu a realizar un xesto internacional para pedir auxilio ante a violencia de xénero.
pica na imaxe
DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA
Hoxe, 22 de novembro, celebramos o Día internacional da música no noso centro.
Grazas a Fausto e Susana, puidemos desfrutar escoitando varios anacos de pezas musicais das películas infantís Aladdin e Up máis un anaco de O son do Ar no tempo que tocaban o saxofón e o violín.
ENCANTOUNOS!
pica na imaxe
De roteiro pola nosa cidade
Os alumnos/as de 6º de educación primaria traballaron os roteiros grazas á información recollida previamente na oficina de turismo da cidade.
Os lugares mostrados virtualmente serán visitados posteriormente durante o curso.
pica na imaxe
Os xéneros literarios na biblioteca
O alumnado de 5º de educación primaria traballando os xénero literarios desde a biblioteca do centro.
pica na imaxe
Observamos os animais invertebrados … de preto!
O alumnado de 5º de educación primaria fixeron unha sinxela pero eficaz práctica na área de Ciencias da natureza para traballar os animais invertebrados. Fixeron uso da lupa microscópica, a ruleta dos invertebrados, observaron unha esponxa de mar…
SEGUIMOS APRENDENDO!
PICA NA IMAXE
24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Nestes días quixemos celebrar o Día das bibliotecas. O noso centro conta con dito instrumento que apoia o noso proxecto educativo. Desde o claustro pensamos que é un lugar de lecer onde poder facer actividades relacionadas coa lectura. Este ano quixemos facer un recuncho especial adicado a O Principiño. E todos e todas deixamos a nosa pegada.
«FAI DA TÚA VIDA UN SOÑO E DO DO TEU SOÑO UNHA REALIDADE»
PICA NA IMAXE
