O alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Primaria desfrutou dunha fantástica e enriquecedora visita á ESENGRA, Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña.
Durante a xornada, tivemos a oportunidade de coñecer de cercado as instalacións da Escola de Hostalería da Armada, descubrindo como son as cociñas e posteriormente participamos nun divertido obradoiro de repostaría no que nos puxemos mans á masa para preparar os nosos doces. Foi un momento moi especial, cheo de ilusión, aprendizaxe e, por suposto, moitos risos compartidos entre nenos e maiores!
Máis tarde estivemos nun simulador de navegación que espertou gran curiosidade e entusiasmo. Puidemos experimentar, aínda que só fóra por uns minutos, como é dirixir unha embarcación e comprender mellor o traballo e a responsabilidade que implica.
Queremos agradecer sinceramente a todo o persoal da ESENGRA a súa cálida acollida, a súa paciencia e dedicación, e por ofrecernos unha experiencia tan educativa, enriquecedora e, sen dúbida, moi divertida! Levámonos un recordo inesquecible desta visita.
