JUDO desde a área de Educación física

Por En Educación Especial, Infantil, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Onte recibimos a visita dunha representación de AD Judo Ferrolterra, dentro das actividades programadas na área de Educación Física para o coñecemento e achegamento a diferentes modalidades deportivas.

A actividade consistiu nunha charla e demostración de distintas técnicas de judo a cargo de dous deportistas desta agrupación deportiva, ambos con salientables logros e medallas a nivel nacional e internacional.
Alén de achegar este deporte ao noso alumnado, a actividade permitiu poñer en valor aspectos tan importantes como o respecto, a disciplina, o esforzo, a superación privado e o compañeirismo, valores propios da práctica do judo.

Unha experiencia marabillosa que desfrutaron o noso alumnado grazas á implicación e dedicación destes grandes deportistas Mario Tenreiro e June Moreno.

Agradecemos tamén a AD Judo Ferrolterra pola súa colaboración e dar oportunidade de compartir esta experiencia co noso alumnado.

(Máis información no perfil de Ig @cpr_sanrosendo)

Los comentarios están cerrados