Colegio
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2025 – 2026
AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2025 – 2026
Festexamos o Entroido
Coma tódolos anos festexamos o Entroido cun pasarrúas polo noso barrio, amosando os disfraces que con moita ilusión confeccionamos no colexio e que están relacionados cono noso proxecto anual que traballamos en tódolos niveis educativos. Este proxecto é ¨A volta ao mundo en 80 días¨
ADMISIÓN ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS. CURSO 2025 – 2026
ADMISIÓN ALUMNADO – CURSO 2024-2025
Estimadas familias, ante o comezo do proceso de admisión de alumnado para o próximo curso escolar 2024/2025, aquí podedes consultar toda a información que regula devandito proceso.
PICA NA IMAXE
ADMISIÓN DO ALUMNADO NO IES FERROL VELLO
Robótica en Nadal
Durante o mes de decembro comenzamos o programa dos Polos Creativos. Dito programa ten como obxectivo fomentar a creatividade a través da superación de retos, a resolución de problemas e a realización de prototipos, entre outros.
A primeira experiencia foi un obradoiro de Robótica: infantil utilizou o SuperDoc e os cursos de primaria o Lego Wedo 2.0.
Ao longo do ano realizaremos máis obradoiros e actividades que rematarán nunha gran sorpresa!!
PICA NA IMAXE
Celebrando o final de ano!
A comunidade educativa celebrou o seu particular fin de ano o último xoves lectivo. Houbo tempo para o baile, as cancións e para festexar a entrada ao novo ano despois de comer e brindar.
FELIZ 2024!
PICA NA IMAXE
PANXOLIÑAS na residencia MI CASA
Tal e como viñemos facendo todos os anos, o alumnado do colexio visitou a residencia de maiores Mi Casa para cantar alí unhas panxoliñas aos asistentes e persoal.
Este ano quíxose sumar á festa os nenos/as máis as profesoras da escola infantil San Rosendo (Cativos).
Esperamos que desfrutaran tanto como nós!
pica na imaxe

