Facendo Historia, exposición no Ateneo ferrolán

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

O alumnado de 5º de educación primaria tivo a grandísima sorte de desfrutar dunha visita guiada á exposición FACENDO HISTORIA da man de Juan Luis Montero Fenollós, arqueólogo e profesor da UDC.

Descubrimos o traballo dun equipo de arqueólogos nos países de Siria e Palestina a través da mostra de fotografías feitas por Víctor Rivera, José Pardo e Eloy Taboada.

Coñecimos as orixes da escritura cuneiforme así como a escribir pequenas oracións e ata o noso nome.

Quedamos encantados e sabendo algo máis sobre os descubridores da Historia!

 

 

 

Los comentarios están cerrados