El Quijote

Por En Noticias No hay comentarios

A próxima semana imos empezar un proxecto que nos fai moitísima ilusión:

A celebración do IV centenario  da 2ª parte da Novela   «El Quijote de la Mancha»».

quijote_web

Queremos desenrolar tantas ideas, que estamos a darlle forma.

Adiantamos …

  • Elaboración duns marcapáxinas. Poñémolo de primeiro polo seu carácter solidario, queremos colaborar co noso esforzo  para que outros nenos poidan mellorar as súas condicións de vida.   ¡¡Ímonos esmerar!!  para que non poidades  deixar de mercalos.
  • Traballaremos sobre o escenario da novela, provincias, comunidade,  vexetación, ….
  • Xa postos en escena estaremos en condicións de empezar a transladarnos á época, e meternos no corpo dos personaxes da novela. Empeza a confección do vestuario, xa vos contaremos …..
  • Non queremos deixar de pasar esta oportunidade para potenciar o uso do galego,  adaptaremos o texto a nosa lingua e representarémolo diante dos nosos compañeiros/as.  O noso Colexio pasará a ser un escenario teatral.
  • ¡Temos cantidade de actividades para traballar na aula!
  • De fondo, para animarnos nas actividades, sonara a canción:  “Quijote, Sancho-Sancho, Quijote”».  Ímola nominar canción do mes.
  • O 23 de abril será un día distinto.

Cando esteamos algo agotados de tanto traballar, xa empezaremos a aplicar a filosofía de Cervantes:

“Confía en el tiempo,

que suele dar dulces salidas

a muchas amargas dificultades”

¿Desea hacer algún comentario?