DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

Por En Documentación, Noticias No hay comentarios

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

DOG-12-DE-NOVEMBRO-ORDE-28-OUTUBRO-DE-2021

  • DESTINATARIOS:

 Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

  • NON TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE:

    O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar (vale de 50 €) no curso 2021-22 (actual).

  • TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

    O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes será do 15 ao 26 de novembro de 2021.

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.
    • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
    • As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

ANEXO I e II 

Los comentarios están cerrados