Crónica do club de lectura

Por En Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

Hai cinco días que o grupo de pequenos lectores mergullouse nunha historia chea de sorpresas:»A avoa gánster» de David Walliams. Dende o principio, as risas e as caras de sorpresa estiveron presentes. 🤯

Ben, o noso protagonista, non pode crer que a avoa que o obriga a comer repolo cocido e xogar ao Scrabble 🥬🧩 sexa, en realidade, unha lexendaria ladrona de xoias. ¡Si, unha gánster en toda regra! 💎💥

 

Os rapaces non tardaron en comentar emocionados como a relación entre Ben e a súa avoa cambiou cando el descubre o seu gran segredo. Ademais, durante a reunión, os lectores realizaron un mapa conceptual para analizar as características principais de cada personaxe, destacando a valentía da avoa, a curiosidade de Ben e as particularidades dos demais personaxes.

Para rematar, tiveron tempo para xogar a algúns xogos da biblioteca! 🎲📚 Foi unha xornada chea de diversión, lectura e aprendizaxe. ¡Xa estamos agardando a próxima reunión! 🎉

(Máis info en INSTAGRAM)

Los comentarios están cerrados