En 6º de primaria estamos traballando unha das funcións vitais: a reprodución. Para complementar os contidos teóricos, tivemos a sorte de recibir a visita de dúas futuras matronas e o xefe de matronas do CHUF.
A través de preguntas feitas polos estudantes días antes da súa visita, elas contestaron a todas elas mentres nos falaron sobre a chegada da pubertade, a sexualidade, a xestación e a menstruación, entre outros.
Pensamos que achegar este tipo de visitas enrique moito máis o proceso de ensinanza que están a recibir.