Como sabedes, o 5 de xuño foi o Día mundial do medio ambiente e publicamos unha entrada cos traballos dos nenos/as de 3º a 6º EP. Porén, quedaba outro traballiño no que mesturamos naturais, sociais e lingua galega.
Creamos o ALFABETO POLO MEDIO AMBIENTE que consistiu en pensar 5 letras do alfabeto polas que empezan boas accións para o coidado do noso medio ambiente.
Aquí deixo o resultado…