Blog
Concurso na Semana de educación viaria do Concello
Este xoves 16 de maio, os alumnos/as de 6º de educación primaria participaron no concurso de ideas organizado pola concellería de Seguridade e Mobilidade do Concello de Ferrol. Había uns requisitos: material reciclado, material cedido polo concello para a montaxe e moito interés por participar.
Despois de tres semanas traballando nos tempos de recreo e algunhas tardes, conseguiron unha representación ben xeitosa das súas ideas (axudadas pola súa titora María, Jorge, Andrea e Sergio) no pabillón de Esteiro logrando o premio á mellor representación.
PICA NA IMAXE 
PARABÉNS NOVAMENTE POLO PREMIO MERECIDO POLO VOSO ESFORZO E TRABALLO EN EQUIPO!
Ligazón ás noticias:
Práctica sobre as propiedades da materia
Esta semana, a clase de 5º de Educación primaria levou a cabo dúas prácticas para traballar de xeito dinámico algunhas propiedades da materia: masa, volume e densidade.
Resultan ser bastante teóricos e incluso complicados, por iso, leváronse a clase distintos obxectos e alimentos para facer primeiramente as nosas hipóteses e logo comprobar se eran erróneas ou non.
3º e 6º de educación primaria visitan a lonxa da cidade
Os grupos aula de 3º e 6º de educación primaria visitaron a lonxa ubicada no Porto de Curuxeiras o pasado venres. Alí Gustavo e algúns compañeiros/as del explicaron como é o traballo no mar e tamén como son as principais características dalgúns seres vivos que viven preto das nosas costas.
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA #DEFC2024
Onte toda a etapa de Educación Primaria celebrou o Día da Educación Física na rúa xogando en distintos emprazamentos do barrio de Canido. Desfrutaron de cada un dos xogos separados por estacións seguindo as instrucións de Ana e outros/as profes que alí acudiron.
Moitas grazas ao COLEF Galicia por realizar esta actividade poñen, así, en relevancia o papel importante que xoga a Educación Física na sociedade e na saúde mental da man de todos e todas os/as profesionais implicados.
Visitamos a lonxa de Ferrol
O pasado venres 5 de abril, os estudantes de 3 anos de educación infantil e os estudantes de 4º de educación primaria visitaron a lonxa de Ferrol situada no porto de Curuxeiras. Alí, Gustavo (presidente da cofradía de pescadores) e parte do seu equipo mostráronnos o traballo que realizan a diario para obter distintos productos do mar, o seu modo de conservación e ata a lonxa aberta ao público.
Moitas grazas polo voso traballo e esforzo!
La hora del té en el Club de lectura
Con motivo de la finalización del libro A avoa gánster del autor inglés David Walliams, una parte de los integrantes del Club de lectura tomaron ayer el té a las cinco de la tarde, con puntualidad británica en el comedor del colegio.
8M, día internacional da muller
O pasado venres, o centro celebrou o día internacional da muller 8M despois de traballar a igualdade de xénero en pequenos debates a través de imaxes e vídeos que mostraban dita situación.
Por mor do tempo atmosférico non puidemos xuntarnos todos como adoitamos facer sempre que hai unha conmemoración. Porén, cantamos a canción «La puerta violeta» de Rozalén (algúns utilizaron tamén a lingua de signos), comentamos as imaxes e tamén deixamos os nosos lazos violetas na porta e nos peches que hai arredor do patio.
PICA NA IMAXE
This is our town
Os nenos e neas de 3º de educación primaria traballaron o vocabulario relacionado coa cidade. Despois decidiron que a mellor maneira de aprendelo foi mediante a construción dos edificios utilizando material da casa.
HUGO de Naúfragos teatro
Estes venres os alumnos/as de 3º e 4º educación primaria visitamos a Sede Afundación no centro da cidade para desfrutar de Hugo (Naúfragos teatro), obra de teatro gañadora do premio María Casares no 2022 polo mellor espectáculo para público infantil e familiar.
Unha obra de aproximadamente 50 minutos que fala sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista) na infancia desde a empatía e a sensibilidade, falando de diversidade, de convivencia e da beleza de ser diferentes.
