Fomos a ver a obra de teatro » A nena e o grilo máis aló», na fundación ABANCA. Foi unha obra que aínda que trataba un tema un tanto complicado para a nosa idade, como é o tema da morte, nos pareceu divertida, e por momentos terroríficaaaaaa……….
Fomos a ver a obra de teatro » A nena e o grilo máis aló», na fundación ABANCA. Foi unha obra que aínda que trataba un tema un tanto complicado para a nosa idade, como é o tema da morte, nos pareceu divertida, e por momentos terroríficaaaaaa……….
Antes do tan merecido descanso de Nadal, estivemos falando uns días sobre o problema que hai no noso planeta e decidimos, por grupos, crear o noso protocolo de actuación con normas, logo e propósitos escritos por nós. O resultado foi bastante interesante e todos chegamos á conclusión de que todos os días podemos evitar que o problema sexa maior.
Aquí quedan unhas fotos dos protagonistas de cada protocolo de actuación.








































































Boa tarde 4º de primaria,
é tempo de pensar en todo o que comimos nestas festas navideñas. Por iso, imos empezar este segundo trimestre coa esta unidade sobre as dietas e a alimentación. Estades preparados?
Aquí tedes o enlace. ud – que comemos
Boas 5º de primaria!
O venres empezamos a ler esta nova unidade que vai sobre os climas. Aquí queda o enlace da unidade completa. Toca seguir aprendendo! 🙂 🙂 🙂
Rapaces e rapazas de 4º, chega o momento de seguir aprendendo. É que mellor maneira que coa nova unidade didáctica A agua que bebemos. Seguro que xa sabedes de que vai con ler o título, non?
Aquí tedes o enlace da unidade ud – a auga que bebemos
Adiante co segundo trimestre 🙂 🙂 🙂
Boas estudantes de 6º,
os Reis magos deixáronme un agasallo en forma de nova unidade sobre Europa. É xenial, non?
Aquí debaixo queda o enlace. Adiante co segundo trimestre!