Pescudando no reino animal

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Ao final do 1º trimestre, o alumnado de 3º EP tivo que elixir dous exemplos do reino animal, tendo que ser un vertebrado e outro invertebrado. Amais, debían de buscar información axeitada á petición da súa profe. O resultado foi exposto de xeito oral aos seus compañeiros/as durante varios días en clase.

Non sabedes a de cousas que aprendimos todos/as xuntos coa información que trouxeron!

(pica na imaxe)

Cultivando microorganismos

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Desde a área de Ciencias da Natureza, o alumnado de 5º de educación primaria fixo un cultivo na súa casa durante uns quince días a partir dunha placa Petri e caldo de polo con xelatina.

Houbo hipóteses, traballo de campo anotando os cambios que sucederon co paso dos días e conclusións que foron escritas nunha folla que entregou a profe.

Deixo aquí unha pequena mostra co resultados obtidos aínda que houbo máis exemplos pero quedaron na casa.

Isto foi durante o 1º trimestre. Que farán no 2º trimestre?!

A parte básica de todos os seres vivos: a célula

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Durante o primeiro trimestre o alumnado de 6º EP traballou na área de Ciencias da Natureza a parte básica de todos os seres vivos: a célula. Estudamos as súas partes principais, os tipos de cada unha e tamén a súa organización dependendo da función e obxectivo no ser vivo.

Os contidos foron presentados finalmente a partir dunha maqueta feita na casa que mostraron aos seus compañeiros/as.

Nova reunión do club de lectura

Por En Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

Esta tarde, os pequenos lectores reuníronse de novo para falar sobre as sorprendentes experiencias vividas polo protagonista do libro O rapaz do vestido de David Walliams.👗.
Non faltaron risas,😂 anécdotas e as caras de sorpresa cando Dennis atreveuse a poñer vestidos. Por fin comeza a conseguir os seus soños!🤪

Os rapaces non tardaron en debatir como se pode sentir unha persoa cando a miran por vestir dun xeito diferente.🤔

A continuación, organizamos un xogo sobre os capítulos leídos do libro. Fixemos dous equipos e cada un deles formulou preguntas que o equipo contrario tiña que adiviñar. Foi moi divertido!😊

 

XA ESTAMOS AGARDANDO A PRÓXIMA SESIÓN!

Scape room de Sherlock Holmes

Por En primero y segundo, Primero y Segundo No hay comentarios

Por mor do noso proxecto transversal no que traballamos » A volta ao mundo», e coma estamos a comezar e a primeira parada é en Londres , alí coñecimos a unha personaxe moi famosa e moi intelixente dos libros, o detective Sherlock Holmes.

Cal foi a nosa sorpresa cando apareceron Sherlock Holmes, o doutor Watson e o Comisario Legrand, que no propuxeron axudarlles a resolver o caso do roubo do diamante de Hargreaves….e aceptamos!!!!

A fase da fecundación

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Este venres o alumnado de 6ºEP entregaron unha tarefa escrita na cal tiñan que presentar as principais partes das células sexuais do ser humano, explicar onde se crean e o percorrido que fai unha delas ata chegar ao seu destino.

Usaron a súa imaxinación, coñecemento, esforzo e creatividade para mostrar estes traballos tan xeitosos!

Club de lectura coa avoa Gánster

Por En Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

O pasado xoves tivemos unha sesión moi especial no club de lectura: era o momento de rematar o libro de David Walliams e desfrutar dun rato agradable cunha merenda. A sorpresa veu cando catro ex alumnas do centro viñeron a ler o último capítulo con nós.

Fixemos un xogo de pistas relacionado co libro, contamos anécdotas e, por suposto, pasamos un rato moi entretenido!

Isto vai de castañas

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado mércores 13 todo o alumnado celebrou o magosto no patio do colexio aproveitando o bo tempo.

Os maiores foron os encargados de repartir as castañas e os batidos de chocolate despois de cantar a canción que Fausto creou para o día.

Houbo tempo tamén para o xogo libre, a música galega e primeiras ocasións comendo castañas.


MÁIS INFO NO PERFIL DE INSTAGRAM @cpr_sanrosendo

FESTEXAMOS O HALLOWEEN – SAMAÍN

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, primero y segundo, Primero y Segundo, Tercero y Cuarto No hay comentarios

FELIZ HALLOWEEN – SAMAÍN!

Esta mañá celebrouse a festa de Samaín – Halloween no patio do colexio. Todos aqueles estudantes, profesorado e persoal asistiu coas súas mellores e máis tenebrosas vestimentas para festexar.

O equipo de extraescolares e complementarias organizou xogos para todas as idades e os maiores sempre axudaron aos pequenos cando o necesitaron.

PASÁMOLO EN GRANDE!

(Máis info no perfil de INSTAGRAM)