24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Nestes días quixemos celebrar o Día das bibliotecas. O noso centro conta con dito instrumento que apoia o noso proxecto educativo. Desde o claustro pensamos que é un lugar de lecer onde poder facer actividades relacionadas coa lectura. Este ano quixemos facer un recuncho especial adicado a O Principiño. E todos e todas deixamos a nosa pegada.

«FAI DA TÚA VIDA UN SOÑO E DO DO TEU SOÑO UNHA REALIDADE»

PICA NA IMAXE

CELEBRANDO O MAGOSTO E SAMAÍN

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado 2 de novembro celebramos a festa do magosto e samaín cantando a canción, comendo castañas asadas e bebendo batido de chocolate.

Debido ao tempo dese día, non foi posible celebralo todos xuntos como facemos todos os anos pero pasámelo igualmente ben facendo o obradoiro de caretas e cantando a canción que aprendimos con Fausto.

PICA NA IMAXE

A pirámide dos alimentos

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Desde a área de ciencias Naturais, o alumnado de 4º de educación primaria rematou a primeira unidade deseñando a súa pirámide de alimentos utilizando propaganda de alimentos collidos nos supermercados e nas caixas de correo.

Cada grupo escribiu a súa presentación e finalmente expuso de xeito oral todo o traballado.

Moi contenta cos resultados!

PICA NA IMAXE