A nena e o grilo mais aló….

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

 

Esta semana fixemos unha saída a mostra de teatro de Narón onde desfrutamos da obra de teatro ¨A nena e o grilo máis aló¨ .

Nesta última creación A nena e o grilo corren novas aventuras: esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte?

 

¿Desea hacer algún comentario?