Estas semanas atrás, os estudantes de 5º estiveron traballando en grupo na área de Ciencias sociais. Cada equipo deseñou o seu traballo buscando os contidos, facendo resumes… En definitiva, colaborando cada un dos membros do equipo. O obxectivo final era expoñer ese traballos aos seus compañeiros/as. Velaí tedes un vídeo que mostra o ben que traballaron estes estudantes. 🙂 🙂 🙂
Blog de Quinto y Sexto
TRABAJAMOS EN FAMILIA







PLAN DE TRABAJO COLEGIO SAN ROSENDO


Vexo, vexo en España e Europa
Boas 6º,
seguimos aprendendo. Agora que xa sabemos un pouco sobre a demografía no noso país e a nivel europeo, é o momento de revisar os contidos referentes ao relevo e hidrografía nestes lugares.
Aquí tedes o enlace da nova unidade ud – vexo, vexo en españa e europa
MOITO ÁNIMO!!! 🙂 🙂 🙂

Vexo, vexo…
Boas estudantes de 5º EP,
aquí tedes a nova unidade «Vexo, vexo«… que aprenderemos?
A que te dedicas?
Antes de rematar o primeiro trimestre, estivemos aprendendo e repasando un pouco sobre os sectores económicos, traballos e pasos para crear un producto elaborado. Todo quedou recollido nunha cartolina xunto a unha presentación oral…que queda para nós!
Aquí unhas fotos dos traballos e grupos
e este enlace aos traballos para velos desde máis cerca a que te dedicas






Nin frío nin quente
Boas 5º de primaria!
O venres empezamos a ler esta nova unidade que vai sobre os climas. Aquí queda o enlace da unidade completa. Toca seguir aprendendo! 🙂 🙂 🙂
Canta xente hai por Europa?
Boas estudantes de 6º,
os Reis magos deixáronme un agasallo en forma de nova unidade sobre Europa. É xenial, non?

Aquí debaixo queda o enlace. Adiante co segundo trimestre!
Europa, que grande es!
Despois da gravación e edición das vosas exposicións orais sobre a primeira unidade, aquí tedes os resultados.
Sei que vai un pouco tarde pero…máis vale tarde que nunca, non? Desfrutade!
A que te dedicas?
Boas rapaces de 5º,
aquí tedes o enlace da unidade que estamos a ver estes días en Sociais. A seguir aprendendo!
