Chegou decembro e o clube de lectura decidiu realizar un Contacontos por Nadal para felicitar as festas facendo unha adaptación de dous contos navideños :
-
O reno Rudolf (educación infantil, 1º e 2º educacion primaria)
-
Conto de nadal (3º – 6º educación primaria)

Aproveitando a chegada do Nadal e por suposto, Papá Noel e os Reis Magos, o clube de lectura recomenda os seguintes títulos que de seguro, gustarán a quen os lea.
Co obxectivo de seguir mostrando a nosa cidade aos escolares e promocionala como candidata a patrimonio da Humanidade, o concello convocou un concurso de postais para os/as escolares 4º, 5º e 6º de E.P. e concurso de tiktok para o estudantado da E.S.O.
Aquí debaixo queda unha mostra de todos os participantes do colexio e tamén o acto de entrega de premios onde Sofía (5ºE.P.) resultou gañadora no concurso de postais coa súa acuarela do porto da nosa cidade.
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR!


Como colexio integrador que somos abrindo as nosas portas a todas as persoas, independentemente das súas capacidades, o venres 2 de decembro celebramos o día da discapacidade levando a cabo distintas actividades:
- Marta e o seu día a día como traballadora no centro
- Visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (ASF) acudiu a contarnos un contacontos Azul é peregrino.
- Visita de Álvaro Illobre e dous compañeiros máis que nos ensinaron a práctica do baloncesto desde a súa cadeira de rodas
Todas estas actividades serviron para acercarnos un pouco máis á sociedade na que vivimos.
Moitas grazas a todos!
O pasado 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Dentro dos actos levados ao cabo no centro, falamos en cada aula da importancia do respecto, compromiso, empatía e amor por e para todas as persoas a través do conto Arturo e Clementina e posteriormente, fixemos unha cadea contra a violencia de xénero dixital no patio central do colexio.
Os integrantes do clube de lectura decidiron dar un paso máis e gravaron o conto utilizando un recurso moi habitual nas películas: o chroma.
Aquí está o resultado. A desfrutar!
Con motivo do Día Mundial da Infancia que se celebra cada 20 de novembro, os estudantes e profesorado do colexio quixemos celebrar esta data levando a cabo unha actividade dobre: a lectura da adaptación do título Unha chea de familias levada a cabo polo clube de lectura e posterior charla sobre as distintas familias da man de dúas nais da comunidade educativa.

Desde as áreas de Educación física e psicomotricidade imos traballar distintos deportes. Esta semana tocou judo da man de Alberto Castro e Alba Martínez, ambos de A.D. Judo Ferrolterra.

A continuación tedes toda a información relacionada co proceso. Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro: