PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID COLEXIO SAN ROSENDO

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

 

Queridas familias poñémonos á vosa disposición o protocolo de “ADAPTACIÓN DO COLEXIO SAN ROSENDO Á SITUACIÓN COVID”. Este protocolo ten por obxecto crear unha contorna escolar saudable e segura mediante o establecemento de medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse no inicio do desenvolvemento do curso escolar 2020/2021, tanto polo persoal docente e non docente como polo alumnado e as súas familias, co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio por COVID-19.