Con motivo de la finalización del libro A avoa gánster del autor inglés David Walliams, una parte de los integrantes del Club de lectura tomaron ayer el té a las cinco de la tarde, con puntualidad británica en el comedor del colegio.


Estes venres os alumnos/as de 3º e 4º educación primaria visitamos a Sede Afundación no centro da cidade para desfrutar de Hugo (Naúfragos teatro), obra de teatro gañadora do premio María Casares no 2022 polo mellor espectáculo para público infantil e familiar.
Unha obra de aproximadamente 50 minutos que fala sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista) na infancia desde a empatía e a sensibilidade, falando de diversidade, de convivencia e da beleza de ser diferentes.
Hoxe, os alumnos/as de 4º EP fixemos unha sesión moi especial: un obradoiro científico sobre os pasos no proceso dixestivo.
Trituramos as galletas e o plátano, mesturamos, usamos unha bolsa de autopeche como estómago, apretamos «os intestinos» e finalmente, obtimos as feces.
Houbo gritos, risas e algunha arcada durante o obradoiro pero penso (polos resultados escritos na ficha de traballo) que comprenderon perfectamente cada un dos procesos.