Animais en perigo

Por En Sin categoría No hay comentarios

Despois de traballar a clasificación dos animais, decidín que era importante saber que significa que os animais estean en perigo. Mediante unha elección previa de animais e un sorteo posterior, cada alumno/a de 5º de educación primaria investigou sobre varios exemplares que están en perigo en Galicia.

 

O cambio climático e os ODS

Por En Sin categoría No hay comentarios

Os nenos e nenas de 4º de educación primaria traballaron o cambio climático e as ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) tan presentes hoxe en día grazas a axenda 2030.

Descubriron que son os ODS e o obxectivo relacionado coa temática traballada na aula. Logo, puxeron cor ao logo ao mesmo tempo que responderon algunhas cuestións e, por último, pensaron nunha frase e debuxo para reclamar unha maior atención sobre este problema que hai no noso planeta.

Coñecendo Europa

Por En Sin categoría No hay comentarios

Despois de coñecer as principais institucións da Unión Europea e de aprender a división territorial do noso continente, o alumnado de 6º de primaria investigou sobre un país europeo escollido por eles. Falaron, entre outros temas, sobre a súa bandeira, a localización e a súa gastronomía.

PICA NA IMAXE

DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA

Por En Sin categoría No hay comentarios

Hoxe, 22 de novembro, celebramos o Día internacional da música no noso centro.

Grazas a Fausto e Susana, puidemos desfrutar escoitando varios anacos de pezas musicais das películas infantís Aladdin e Up máis un anaco de O son do Ar no tempo que tocaban o saxofón e o violín.

ENCANTOUNOS!

pica na imaxe

 

24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Por En Sin categoría No hay comentarios

Nestes días quixemos celebrar o Día das bibliotecas. O noso centro conta con dito instrumento que apoia o noso proxecto educativo. Desde o claustro pensamos que é un lugar de lecer onde poder facer actividades relacionadas coa lectura. Este ano quixemos facer un recuncho especial adicado a O Principiño. E todos e todas deixamos a nosa pegada.

«FAI DA TÚA VIDA UN SOÑO E DO DO TEU SOÑO UNHA REALIDADE»

PICA NA IMAXE