Deixamos un resumo da celebración realizada hoxe polo día da paz.
Aquí debaixo quedan tres vídeos nos que podedes ver o «Xogo de nenos» que fixemos recordando o programa de televisión.
A semana pasada os alumnos/as de 5º de educación primaria fixemos unha práctica en ciencias da Natureza diseccionando unha flor para así ver as súas partes. Neste caso, foi un lilium que non ten, por certo, sépalos.
Esta sesión serviunos para repasar as partes da flor e tamén para velas de preto grazas a un microscopio e á lupa microscópica xa usada o curso académico anterior.
Hoxe foi un día con moito sentido pois o grupo de 6º de educación primaria levou a cabo unha práctica sobre os cinco sentidos na área de ciencias da Natureza.
A primeira hora da mañá, a profe Marta apareceu cun ramo de flores cun obxectivo: diseccionar os lilium para aprender as súas partes dun xeito práctico. Para dito traballo, utilizamos as nosas mans, a lupa microscópica e o microscopio para poder observar de preto o pole, os pétalos, o talo por dentro …
ENCANTOUNOS ESTA CLASE!
O alumnado de 5º de educación primaria traballou o contido das enerxías antes da chegada do Nadal buscando información para responder unhas preguntas e rematando cunha exposición oral e un kahoot para comprobar que os seus compañeiros/as puxeron atención ás explicacións e as comprenderon.
En parellas traballaron sobre o concepto de enerxía, as fontes de enerxía, o aforro enerxético, a contaminación e os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible).


Un tema que se repite ao longo da educación primaria na área de Ciencias Sociais é o contido relacionado coa economía e máis concretamente, cos sectores económicos. Por iso, os/as estudantes de 6º de educación primaria traballaron este contido a través dun traballo grupal mediante unha presentación oral posterior coa axuda dun arquivo feito en power point.
Queda moito por aprender e practicar pero penso que saiu moi ben!
