Sin categoría
VEN A COÑECERNOS! Xornadas de portas abertas
Obradoiro científico: a respiración e a capilariedade das plantas
A semana pasada o alumnado de 5ºEP rematou a unidade sobre o reino das plantas enfocando a nosa atención nas tres funcións vitais na área de Ciencas da Natureza. Despois, participaron nun obradoiro no cal tiveron que fixarse na respiración dun fento e na capilariedade. Percatáronse de que as burbullas que apareceron na auga ao día seguinte, eran burbullas de aire expulsadas polas follas do fento e tamén puideron observar os vasos condutores do apio tinguidos de cor xunto con algunhas follas.
PICA NA IMAXE
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ
O xoves 30 de xaneiro foi o Día internacional da paz. Por mor da chuvia, non puidemos celebrar todos xuntos esta conmemoración pero igualmente estivo festexado nas distintas aulas e na decoración preparada no colexio.
Cantamos a canción de Álvaro Soler «Bajo el mismo sol», aprendimos sobre persoas importantes que traballaron pola paz e ata quixemos engadir un punto divertido co reto dos grous entre todos: familias, nenos/as, claustro e persoal.
PICA NA IMAXE
Pescudando no reino animal
Ao final do 1º trimestre, o alumnado de 3º EP tivo que elixir dous exemplos do reino animal, tendo que ser un vertebrado e outro invertebrado. Amais, debían de buscar información axeitada á petición da súa profe. O resultado foi exposto de xeito oral aos seus compañeiros/as durante varios días en clase.
Non sabedes a de cousas que aprendimos todos/as xuntos coa información que trouxeron!
(pica na imaxe)
Cultivando microorganismos
Desde a área de Ciencias da Natureza, o alumnado de 5º de educación primaria fixo un cultivo na súa casa durante uns quince días a partir dunha placa Petri e caldo de polo con xelatina.
Houbo hipóteses, traballo de campo anotando os cambios que sucederon co paso dos días e conclusións que foron escritas nunha folla que entregou a profe.
Deixo aquí unha pequena mostra co resultados obtidos aínda que houbo máis exemplos pero quedaron na casa.
Isto foi durante o 1º trimestre. Que farán no 2º trimestre?!
A parte básica de todos os seres vivos: a célula
Durante o primeiro trimestre o alumnado de 6º EP traballou na área de Ciencias da Natureza a parte básica de todos os seres vivos: a célula. Estudamos as súas partes principais, os tipos de cada unha e tamén a súa organización dependendo da función e obxectivo no ser vivo.
Os contidos foron presentados finalmente a partir dunha maqueta feita na casa que mostraron aos seus compañeiros/as.
Nova reunión do club de lectura
Esta tarde, os pequenos lectores reuníronse de novo para falar sobre as sorprendentes experiencias vividas polo protagonista do libro O rapaz do vestido de David Walliams.👗.
Non faltaron risas,😂 anécdotas e as caras de sorpresa cando Dennis atreveuse a poñer vestidos. Por fin comeza a conseguir os seus soños!🤪
Os rapaces non tardaron en debatir como se pode sentir unha persoa cando a miran por vestir dun xeito diferente.🤔
A continuación, organizamos un xogo sobre os capítulos leídos do libro. Fixemos dous equipos e cada un deles formulou preguntas que o equipo contrario tiña que adiviñar. Foi moi divertido!😊
XA ESTAMOS AGARDANDO A PRÓXIMA SESIÓN!
Scape room de Sherlock Holmes
Por mor do noso proxecto transversal no que traballamos » A volta ao mundo», e coma estamos a comezar e a primeira parada é en Londres , alí coñecimos a unha personaxe moi famosa e moi intelixente dos libros, o detective Sherlock Holmes.
Cal foi a nosa sorpresa cando apareceron Sherlock Holmes, o doutor Watson e o Comisario Legrand, que no propuxeron axudarlles a resolver o caso do roubo do diamante de Hargreaves….e aceptamos!!!!
Saida ao supermercado dos nenos de PT
Hai uns dias, os nenos da aula de Pt fixeron unha saida polo barrio e foron ao supermercado para mercar os alimentos que tiñan na súa listaxe da compra. Foi toda unha aventura!!



