Celebramos o Día Mundial da actividade física partcipando nunha marabillosa xornada de atletismo co club Ferrol atletismo. Alí descubrimos as distintas disciplinas que se poden levar a cabo neste deporte: velocidade, relevo, salto de lonxitude …
A mediados de xaneiro, o grupo de 3º EP visitou as instalacións do SGHN no barrio de Canido. Dita visita guiada estaba programada para complementar os contidos traballados sobre o reino animal na área de Ciencias da Natureza.
Da man de Berta, coñeceron como limparon, estudaron e trasladaron o esqueleto de balea que hai no museo, a historia sobre unha tartaruga caretta caretta, observar de preto as peles dunha serpe ou como pescudar o tipo de feces que podemos atopar nos bosques.
O grupo de 6ºEP levou a cabo un obradoiro para fabricar plastilina condutora da electricidade desde a área de Ciencias da Natureza. Para iso, utilizaron materiais caseiros como auga, zume concentrado de limón, fariña e sal. Despois, engadiron os cables, a batería, a luce LED e …fíxose a luz!


Coma tódolos anos festexamos o Entroido cun pasarrúas polo noso barrio, amosando os disfraces que con moita ilusión confeccionamos no colexio e que están relacionados cono noso proxecto anual que traballamos en tódolos niveis educativos. Este proxecto é ¨A volta ao mundo en 80 días¨