Misión «planeta Terra e a lúa»

Por En Sin categoría No hay comentarios

O alumnado de 5º de educación primaria traballou a primeira unidade do segundo trimestre en pequenos grupos. Cada un escolleu a temática a traballar tendo en conta unhas preguntas previas.

Búsqueda de información utilizando as TIC, análise, resumos e, por suposto, ensaios para a posterior presentación aos seus compañeiros/as que logo tiveron que xogar un kahoot para comprobar se realmente entenderan os contidos explicados.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Por En Sin categoría No hay comentarios

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e a paz no colexio. Cada curso escolleu unha palabra relacionada coa paz para logo expoñelas en distintas partes do centro educativo e tamén aprenderon a letra da canción «Qué bonito es querer» de Manuel Carrasco.

Chegado o momento, xuntámonos todos no patio do colexio para cantar a canción, pegar o símbolo da paz ao redor dunha pomba e desfrutar dun rato todos xuntos.

Visita do 2º ciclo de educación primaria á escola de mobilidade

Por En Sin categoría No hay comentarios

O alumnado do 2º ciclo de educación primaria visitou o venres 27 de xaneiro a escola de mobilidade de Ferrol ubicada no pabellón 5 de FIMO. Alí recibiunos Eugenia (axente de policía local) para explicarnos que é o tráfico, como manexarnos nas beirarrúas ao cruzarnos con outros peóns ou coñecer as sinais de tráfico máis habituais da cidade.

Rematamos a xornada conducindo os karts para poñer en práctica o aprendido.

 

FELIZ ANINOVO!

Por En Sin categoría No hay comentarios

Os membros da comunidade educativa celebramos o fin de ano no patio do colexio o último día de clase.

Fixemos un simulacro tomando unhas «uvas» especiais para despois brindar polo novo ano que estaba por chegar. Despois, houbo tempo de bailes, xogos, festa….

MENUDA XORNADA MÁIS ESPECIAL E MÁXICA!

Charla educativa sobre a violencia de xénero

Por En Sin categoría No hay comentarios

Tras as vacacións do Nadal, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria recibiu a visita dun oficial de policía que traballa na UFAM (Unidade de Atención á Familia e á Muller) co fin de falar sobre a violencia de xénero dentro das charlas do seu programa educativo ofertado.

Explicounos a igualdade de xénero, os perfís de posibles víctimas e agresores, o ciclo do maltrato, así como resolveu as dúbidas que tiñamos anteriormente e que xurdiron durante a sesión.

 

Contacontos por Nadal

Por En Sin categoría No hay comentarios

Chegou decembro e o clube de lectura decidiu realizar un Contacontos por Nadal para felicitar as festas facendo unha adaptación de dous contos navideños :

  • O reno Rudolf (educación infantil, 1º e 2º educacion primaria)

  • Conto de nadal (3º – 6º educación primaria)