CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Por En Sin categoría No hay comentarios

O pasado 18 de maio celebramos o Día das letras galegas saíndo do centro en busca de lugares cómodos para ler.

Os nenos/as de 5º educación primaria foron os encargados de realizar a lectura As cousas de don Paco escrita polo escritor homenaxeado Francisco Fernández del Riego.

Todos escoitamos atentamente as anécdotas contadas polos seus obxectos máis utilizados na súa vida.

PICA NA IMAXE

DOAS SANGUE?

Por En Sin categoría No hay comentarios

Deixando voar a súa imaxinación e tendo en conta a unidade que estabamos a traballar, o alumnado de 6ºEP  preparou slogans para concienciar acerca da doazón de sangue na área de ciencias naturais.

Ben xeitosos quedaron estes slogans!

EL CONCELL0 ABRE EL PLAZO PARA SOLICITAR LAS AYUDAS ESCOLARES

Por En Sin categoría No hay comentarios

El Concello de Ferrol abrirá mañana, 15 de mayo, el plazo para presentar las solicitudes a las ayudas municipales a la escolarización y las becas para el comedor escolar para el próximo curso 2023/2024. Las familias interesadas disponen de diez días hábiles para formalizar sus peticiones.

Las becas están dirigidas a los menores de edad que residan en Ferrol y estén matriculados en un centro de enseñanza de la ciudad. Existen dos líneas de ayudas:

  • Becas de comedor, para escolares de infantil, primaria o educación especial. Estas becas cubren la totalidad del coste del servicio
  • Becas de ayudas a la escolarización, que además de a los pequeños de estas etapas, también benefician a los de secundaria, bachillerato, formación profesional básica y de grado medio. Estas becas son de cien euros por alumno, que se facilitarán a las familias mediante un vale.

Las solicitudes para estas becas tienen que presentarse en el Registro del Concello.

BASE REGULADORA BECAS CONCELLO ESCOLARIZACIÓN Y COMEDOR ESCOLAR

SOLICITUD AYUDAS CONCELLO ESCOLARIZACIÓN Y COMEDOR ESCOLAR

XOGOS POPULARES EN CANIDO

Por En Sin categoría No hay comentarios

Hai un tempo, Antón Cortizas veu ao noso centro a explicarnos o seu obxectivo: encher as rúas de nenos e nenas practicando xogos populares durante a celebración dos Maios de Canido. Nós aceptamos e os estudantes de educación infantil e o alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria acudimos ás áreas designadas para xogar á goma, á comba, ao brilé, cos aros, ao zapatiño quieto é…

Nenos e profes quedamos encantados con esta actividade!

PICA NA IMAXE

CELEBRAMOS OS MAIOS 2023

Por En Sin categoría No hay comentarios

Seguindo a tradición do barrio, o pasado xoves festexamos os Maios decorando as ventás do colexio, dous maios piramidais e outro máis grande con forma de barco.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e aos nenos/as pola súa axuda!

PICA NA IMAXE

Hábitos saudables desde o CHUF

Por En Sin categoría No hay comentarios

O alumnado de 5º e 6º E.P. recibiron a visita de dous profesionais do sector sanitario que traballan no CHUF.

Esta vez, falaron dos hábitos saudables que son rutinas que moitas veces pasan desapercibidas para nós pero que son importantes: alimentación saudable, hixiene postural, o exercicio físico, entre outros.

DEPORTE NA RÚA

Por En Sin categoría No hay comentarios

O pasado 26 de abril participamos na xornada DEPORTE NA RÚA promovido polo Consello COLEF a nivel estatal e o Colexio oficial de Licenciados en Educación Física e ciencias da Actividade física e do Deporte de Galicia.

Aproveitamos para xogar en dúas zonas: parque Raíña Sofía (1º-4º EP) e praza Fernando Miramontes (5º e 6º EP).

PICA NA IMAXE

 

 

DÍA DO LIBRO – Aire libro

Por En Sin categoría No hay comentarios

O 24 de abril celébrase o día do libro e aproveitando que este ano é o 80 aniversario do libro El principito, quixemos dedicarlle a xornada facendo unha lectura adaptada nas distintas etapas e ciclos educativos.

                                                PICA NA IMAXE