A comunidade educativa celebrou o seu particular fin de ano o último xoves lectivo. Houbo tempo para o baile, as cancións e para festexar a entrada ao novo ano despois de comer e brindar.
FELIZ 2024!
PICA NA IMAXE

Un tema que se repite ao longo da educación primaria na área de Ciencias Sociais é o contido relacionado coa economía e máis concretamente, cos sectores económicos. Por iso, os/as estudantes de 6º de educación primaria traballaron este contido a través dun traballo grupal mediante unha presentación oral posterior coa axuda dun arquivo feito en power point.
Queda moito por aprender e practicar pero penso que saiu moi ben!


O venres 15 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria foi invitados ao IV festival escolar do camiño inglés organizado polas Fanpa Ferrolterra «Concepción Arenal», financiado pola Xunta de Galicia e coa colaboración de Gadis e Alsa.
Acudimos ao porto de Curuxeiras onde desfrutamos dunha peza de teatro que destacaba os puntos fortes da nosa cidade e inicio do camiño: as Meninas de Canido, o Racing de Ferrol, as rondallas, o arroz con leite e a Semana santa. Posteriormente, fixemos a primeira milla do percorrido hacia Santiago de Compostela.
Desde a área de Lingua galega, os estudantes de 5º de educación primaria fixeron varias achegas por este día co fin de valorar a importancia das persoas sen ter en conta as súas capacidades pois todos podemos aprender de todos.

Despois de traballar a clasificación dos animais, decidín que era importante saber que significa que os animais estean en perigo. Mediante unha elección previa de animais e un sorteo posterior, cada alumno/a de 5º de educación primaria investigou sobre varios exemplares que están en perigo en Galicia.
Despois de coñecer as principais institucións da Unión Europea e de aprender a división territorial do noso continente, o alumnado de 6º de primaria investigou sobre un país europeo escollido por eles. Falaron, entre outros temas, sobre a súa bandeira, a localización e a súa gastronomía.