Seguindo a tradición do barrio, o pasado xoves festexamos os Maios decorando as ventás do colexio, dous maios piramidais e outro máis grande con forma de barco.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e aos nenos/as pola súa axuda!
PICA NA IMAXE

O 24 de abril celébrase o día do libro e aproveitando que este ano é o 80 aniversario do libro El principito, quixemos dedicarlle a xornada facendo unha lectura adaptada nas distintas etapas e ciclos educativos.
PICA NA IMAXE
Entroideando foi o título elixido para celebrar o carnaval no centro.
O venres 17 celebramos o inicio do entroido saíndo á rúa para ensinar os disfraces feitos nas aulas coa temática do carnaval galego e o seguinte venres rematamos preparando o enterro da sardiña na que alumnado, profesorado e persoal do centro encheron as aulas de xoaniñas, bufóns, vikingos, astronautas, sevillanas, mafiosos, …
QUE BEN O PASAMOS!
PICA NA IMAXE

PICA NA IMAXE
As xogadoras do Baxi Ferrol Irene Garí, Jenna Allen e Jessica Fequiere visitaron o colexio o pasado luns 6 de febreiro.
Primeiro foron recibidas polos estudantes de 5º e 6º de educación primaria en relación ao traballo de baloncesto feito na área de Educación física nas semanas previas. Aproveitaron a súa visita sorpresa para realizarlles preguntas sobre a súa estancia na cidade, o seu futuro neste deporte…
Despois desa rolda de prensa, as tres xogadoras fixeron uns xogos entre elas e posteriormente cos nenos/as dos distintos ciclos educativos para desfrutar dun tempo con elas e practicar o deporte.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, POLO BO TRATO E POLA INVITACIÓN AO DERBI GALEGO.
VÉMONOS NA MALATA!!!
Pica na imaxe
Pica na imaxe


O pasado 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e a paz no colexio. Cada curso escolleu unha palabra relacionada coa paz para logo expoñelas en distintas partes do centro educativo e tamén aprenderon a letra da canción «Qué bonito es querer» de Manuel Carrasco.
Chegado o momento, xuntámonos todos no patio do colexio para cantar a canción, pegar o símbolo da paz ao redor dunha pomba e desfrutar dun rato todos xuntos.
