O alumnado de Educación infantil foi o primeiro en acudir á horta urbana que hai preto do centro cívico de Canido.
Alí esperounos unha muller encantadora que nos ensinou a distribución dos bancais, as plantas que había neles e explicounos todo o que imos facer ata conseguir os nosos cultivos.
PICA NA IMAXE
Deixamos un resumo da celebración realizada hoxe polo día da paz.
Aquí debaixo quedan tres vídeos nos que podedes ver o «Xogo de nenos» que fixemos recordando o programa de televisión.
Durante o mes de decembro comenzamos o programa dos Polos Creativos. Dito programa ten como obxectivo fomentar a creatividade a través da superación de retos, a resolución de problemas e a realización de prototipos, entre outros.
A primeira experiencia foi un obradoiro de Robótica: infantil utilizou o SuperDoc e os cursos de primaria o Lego Wedo 2.0.
Ao longo do ano realizaremos máis obradoiros e actividades que rematarán nunha gran sorpresa!!
PICA NA IMAXE

A comunidade educativa celebrou o seu particular fin de ano o último xoves lectivo. Houbo tempo para o baile, as cancións e para festexar a entrada ao novo ano despois de comer e brindar.
FELIZ 2024!
PICA NA IMAXE
Tal e como viñemos facendo todos os anos, o alumnado do colexio visitou a residencia de maiores Mi Casa para cantar alí unhas panxoliñas aos asistentes e persoal.
Este ano quíxose sumar á festa os nenos/as máis as profesoras da escola infantil San Rosendo (Cativos).
Esperamos que desfrutaran tanto como nós!
pica na imaxe

Este ano os membros do clube de lectura quixeron repetir a experiencia de visitar as aulas para contar o seu conto de Nadal.
Este venres 24 de novembro celebramos o día contra a violencia de xénero a través dunha actividade promulgada pola FANPA na que o alumnado aprendeu a realizar un xesto internacional para pedir auxilio ante a violencia de xénero.
pica na imaxe
Hoxe, 22 de novembro, celebramos o Día internacional da música no noso centro.
Grazas a Fausto e Susana, puidemos desfrutar escoitando varios anacos de pezas musicais das películas infantís Aladdin e Up máis un anaco de O son do Ar no tempo que tocaban o saxofón e o violín.
ENCANTOUNOS!
pica na imaxe
Nestes días quixemos celebrar o Día das bibliotecas. O noso centro conta con dito instrumento que apoia o noso proxecto educativo. Desde o claustro pensamos que é un lugar de lecer onde poder facer actividades relacionadas coa lectura. Este ano quixemos facer un recuncho especial adicado a O Principiño. E todos e todas deixamos a nosa pegada.
«FAI DA TÚA VIDA UN SOÑO E DO DO TEU SOÑO UNHA REALIDADE»
PICA NA IMAXE
O pasado 2 de novembro celebramos a festa do magosto e samaín cantando a canción, comendo castañas asadas e bebendo batido de chocolate.
Debido ao tempo dese día, non foi posible celebralo todos xuntos como facemos todos os anos pero pasámelo igualmente ben facendo o obradoiro de caretas e cantando a canción que aprendimos con Fausto.
PICA NA IMAXE