O pasado venres, o centro celebrou o día internacional da muller 8M despois de traballar a igualdade de xénero en pequenos debates a través de imaxes e vídeos que mostraban dita situación.
Por mor do tempo atmosférico non puidemos xuntarnos todos como adoitamos facer sempre que hai unha conmemoración. Porén, cantamos a canción «La puerta violeta» de Rozalén (algúns utilizaron tamén a lingua de signos), comentamos as imaxes e tamén deixamos os nosos lazos violetas na porta e nos peches que hai arredor do patio.
PICA NA IMAXE
Este venres celebramos o día de Rosalía de Castro, a nosa
escritora máis ilustre. Unha muller defensora da nosa lingua e a
nosa cultura.
Desde o club de lectura realizamos unha actividade para dar a
coñecer a nosa autora e recoñecer o traballo realizado por ela.
PICA NA IMAXE
Este ano, o conto do Principiño cobrou vida no colexio durante o entroido.
O noso alumnado representou as personaxes do libro coa elaboración dos disfraces, dentro do proxecto vertical que se está a levar a cabo ao longo deste curso. A través do mesmo, traballamos valores como a confianza e a disciplina, entre outros.
O pasado xoves tivemos a gran sorte de recibir a visita dunha Muller científica que nos ensinou o papel fundamental, aínda que descoñecido, das mulleres nos avances da ciencia. Tamén nos fixo reflexionar sobre valores como a igualdade de xénero, de oportunidades e de respecto. Estes valores foron amosados a través dun contacontos no que se mesturou a ciencia e a aprendizaxe.
PICA NA IMAXE
O alumnado de Educación infantil foi o primeiro en acudir á horta urbana que hai preto do centro cívico de Canido.
Alí esperounos unha muller encantadora que nos ensinou a distribución dos bancais, as plantas que había neles e explicounos todo o que imos facer ata conseguir os nosos cultivos.
PICA NA IMAXE
Deixamos un resumo da celebración realizada hoxe polo día da paz.
Aquí debaixo quedan tres vídeos nos que podedes ver o «Xogo de nenos» que fixemos recordando o programa de televisión.
Durante o mes de decembro comenzamos o programa dos Polos Creativos. Dito programa ten como obxectivo fomentar a creatividade a través da superación de retos, a resolución de problemas e a realización de prototipos, entre outros.
A primeira experiencia foi un obradoiro de Robótica: infantil utilizou o SuperDoc e os cursos de primaria o Lego Wedo 2.0.
Ao longo do ano realizaremos máis obradoiros e actividades que rematarán nunha gran sorpresa!!
PICA NA IMAXE

A comunidade educativa celebrou o seu particular fin de ano o último xoves lectivo. Houbo tempo para o baile, as cancións e para festexar a entrada ao novo ano despois de comer e brindar.
FELIZ 2024!
PICA NA IMAXE
Este ano os membros do clube de lectura quixeron repetir a experiencia de visitar as aulas para contar o seu conto de Nadal.
Este venres 24 de novembro celebramos o día contra a violencia de xénero a través dunha actividade promulgada pola FANPA na que o alumnado aprendeu a realizar un xesto internacional para pedir auxilio ante a violencia de xénero.
pica na imaxe