O luns, saímos das aulas para desfrutar dunha xornada gastronómica da man da Confraría de pescadores de Ferrol.
O alumnado de educación Infantil, primeiro ciclo de educación Primaria e 4º educación Primaria pudieron degustar primeiramente cinco receitas elaboradas con produtos da ría. Despois veu Beatriz Sotelo, cociñeira do grupo Nove, que ensinou como elaborar outros pratos ben xeitosos coa axuda do alumnado alí presente.
Foi unha xornada para aprender, desfrutar e seguir poñendo en valor a riqueza do mar.