Eleccións municipais en 3º E.P.

Por En Sin categoría No hay comentarios

   Ao longo das semanas do segundo trimestre, os estudantes de 3ºEP traballaron na creación dunha campaña electoral co fin de vivir a experiencia da votación a alcalde ou alcaldesa da «cidade» deste curso.

Cada equipo pensou:

  • nome do seu partido político 
  • unha frase para captar a atención dos votantes
  • dúas promesas que puideran levarse a cabo na clase co fin de potenciar o benestar de todos, profesorado e alumnado.
  • presentación oficial da súa propaganda electoral

   Posteriormente, cada neno escolleu libremente e con dereito o partido que máis gustou a cada un.

   Por último, os concelleiros e concelleiras do partido político gañador escolleu o alcalde. Neste caso, temos unha alcaldesa.

Los comentarios están cerrados