A comunidade educativa celebrou o seu particular fin de ano o último xoves lectivo. Houbo tempo para o baile, as cancións e para festexar a entrada ao novo ano despois de comer e brindar.
FELIZ 2024!
PICA NA IMAXE


O xoves 14 de decembro, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria foi invitados ao IV festival escolar do camiño inglés organizado polas Fanpa Ferrolterra «Concepción Arenal», financiado pola Xunta de Galicia e coa colaboración de Gadis e Alsa.
Acudimos ao porto de Curuxeiras onde desfrutamos dunha peza de teatro que destacaba os puntos fortes da nosa cidade e inicio do camiño: as Meninas de Canido, o Racing de Ferrol, as rondallas, o arroz con leite e a Semana santa. Posteriormente, fixemos a primeira milla do percorrido hacia Santiago de Compostela.
Este mércores 13 de decembro, o grupo de 4º de educación primaria visitou a escola de mobilidade urbana grazas á invitación da policía local de Ferrol como todos os anos. Dita escola está ubicada no pabillón 5 do FIMO.
Alí esperaba Eugenia, axente de policía local, que nos explicou distintos temas sobre o tráfico, os peóns, clasificación dos vehículos…e logo da teoría, puxémonos a practicar coa mini cidade tan ben equipada que hai nese pabillón.
Hai algunhas semanas chegou un correo invitando ao alumnado de 4º de educación primaria a participar no concurso de debuxo organizado polo Club de fútbol Racing de Ferrol. Todos tiveron a oportunidade de participar e aqueles/as que quixeron, así fixeron.
Agora é o momento de conseguir votos cos debuxos que chegaron ás oficinas do clube. Podes facelo seguindo estes sinxelos pasos:
https://racingclubferrol.net/concurso-dibujo-nadal-e-deporte/
2. Escolle os tres debuxos favoritos e vota.
Deixamos aquí abaixo os oito debuxos participantes para que sexa máis doado atopalos.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS DEBUXOS PARTICIPANTES!
O alumnado de 3º de educación primaria fixo distintas achegas sobre os seus animais favoritos, tanto vertebrados como invertebrados para rematar a unidade didáctica sobre os animais.
Temos unha das paredes da clase chea de medusas, ourizos de mar, cans, gatos, tartarugas, tigres, krill antártico e leóns mariños, entre outros.
O alumnado de 3º de educación primaria visitou o museo da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) para aprender un pouco máis dos animais vertebrados e invertebrados que viven nos distintos ecosistemas.
Os nenos e nenas de 4º de educación primaria traballaron o cambio climático e as ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) tan presentes hoxe en día grazas a axenda 2030.
Descubriron que son os ODS e o obxectivo relacionado coa temática traballada na aula. Logo, puxeron cor ao logo ao mesmo tempo que responderon algunhas cuestións e, por último, pensaron nunha frase e debuxo para reclamar unha maior atención sobre este problema que hai no noso planeta.
