Este ano, o noso proxecto de centro está relacionado cos contos de Andersen con motivo do seu 150 aniversario. Por iso, decidimos saír as rúas o xoves preparados e preparadas para ler o conto antes de durmir.
(pica na imaxe)
Información importante sobre comedores escolares pola seguridade alimentaria e nutrición para o fomento dunha alimentación saudable e sostible nos centros educativos, cuxa implantación levarase a cabo entre abril de 2026 e abril de 2027.
Prema aquí abaixo
PICA NA IMAXE PARA LER A INFORMACIÓN

Esta semana trouxemos novamente unha das tradicións máis fermosas da nosa cultura: os Maios. Alumnado, profesorado e familias colaboraron para encher de cor e natureza o noso centro e o barrio.
Con flores de cores, laranxas, fiúncho, tuia e moitos máis elementos naturais, creamos dous Maios moi especiais: un de estilo tradicional e outro inspirado no noso proxecto anual “A volta ao mundo”, co que seguimos explorando diferentes culturas e costumes.
Foi unha actividade cargada de ilusión, traballo en equipo e respecto polas nosas raíces. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible!