Estivemos traballando as noticias e o xornal…..
Estivemos traballando as noticias e o xornal…..
Hoxe, o Dia da PAZ, estivemos traballando coa canción que eliximos no colxio para cantar na celebración deste día, que é ¨¿ Por qué no ser amigos?¨ de Hombres G. Nesta actividade cada neno tiña que escoller unha frase da letra da canción que fora a que máis lle gustara, chamara a atención ,ou coa que máis se identificara a paz…, e despois facer un debuxo relacionada con esa frase.
Estamos dando a composición da Terra, e con ela xurdiunos a curiosidade de como entra en erupción un volcán, e por iso fixemos este experimento. Tanto ao profe coma o ¨Doutor Matheus¨ tivemos a mesma idea de ahí que haxa dous tipos de volcáns……
Tamén Carlos aportou o seu volcán…..
Aprendimos cales son as partes que forman a Terra.
Eloy trouxonos diferentes minerais para que poideramos ver as cualidades de cada un.
A semana pasada estivemos facendo unha actividade para traballar a cohesión do grupo e tentar mellorar a autoestima dos nenos que pasan máis desapercibidos, así coma cambiar a percepción que teñen deles o resto da clase. Para isto cada neno, tiña que escribir unha cualidade do neos que elixiron.
Hoxe comezamos o tema novo de sociais, que nos fala sobre a terra, o aire e o auga. Para comezar dividimos un Planeta Terra de Plastilina, e cal a nosa sorpresa cando vimos que por dentro podiamos diferenciar as diferentes partes que compoñen a terra…
Hoxe viñeron a visitarnos un grupo de persoal sanitario, para ensinarnos e explicarnos a importancia da hixiene para non enfermar, e sobre todo a grande importancia de lavar as mans despois de ir ao baño, despois de tocar un animal, antes e despois de comer….. A charla foi moi interesante , pero o que máis nos gustou foron os xogos que fixemos con eles para aprender a lavarnos ben as mans.
ASÍ INICIAMOS O PROXECTO DE HÁBITOS SAUDABLES.
A semana pasada comezamos co novo tema de cc.naturais, o corpo humano.Para comezar a estudar os ósos, adquirimos unha novidosa máquina de ¨Raios X¨portatil para poder ver o noso esquelete……
Como remate ao noso proxecto sobre a Ría de Ferrol e o concello, decidimos facer as nonas propias elecións a alcaldía do San Rosendo, e por iso creamos os nosos propios partidos políticos, nomeamos aos nosos candidatos e cremos os nosos propios programas electorais….
Presentamos algunhas das ideas dos programas eletorais dos nosos partidos políticos….
… e estas foron as primeiras verbas do noso novo alcalde….
O 13 de xaneiro de 1998, ocorreu un suceso que marcaría no seu momento á cidade de Ferrol, o choque do Discoverer enterprise coa ponte das Pías debido a unha treboada con ventos de 17o km/h.
Esta foi a nosa representación do accidente.
Esta foi a aportación do noso proxecto á festa do aprendizaxe onde puxemos en común e demos a coñecer o noso traballo e o de todos os cursos nos proxectos diversos que tiñan como fío común a nosa cidade….
Os de 1º curso
Os de 2º curso
Festa do aprendizaxe nas aulas.