Tal e como viñemos facendo todos os anos, o alumnado do colexio visitou a residencia de maiores Mi Casa para cantar alí unhas panxoliñas aos asistentes e persoal.
Este ano quíxose sumar á festa os nenos/as máis as profesoras da escola infantil San Rosendo (Cativos).
Esperamos que desfrutaran tanto como nós!
pica na imaxe

Este ano os membros do clube de lectura quixeron repetir a experiencia de visitar as aulas para contar o seu conto de Nadal.
Este venres 24 de novembro celebramos o día contra a violencia de xénero a través dunha actividade promulgada pola FANPA na que o alumnado aprendeu a realizar un xesto internacional para pedir auxilio ante a violencia de xénero.
pica na imaxe
Hoxe, 22 de novembro, celebramos o Día internacional da música no noso centro.
Grazas a Fausto e Susana, puidemos desfrutar escoitando varios anacos de pezas musicais das películas infantís Aladdin e Up máis un anaco de O son do Ar no tempo que tocaban o saxofón e o violín.
ENCANTOUNOS!
pica na imaxe
Nestes días quixemos celebrar o Día das bibliotecas. O noso centro conta con dito instrumento que apoia o noso proxecto educativo. Desde o claustro pensamos que é un lugar de lecer onde poder facer actividades relacionadas coa lectura. Este ano quixemos facer un recuncho especial adicado a O Principiño. E todos e todas deixamos a nosa pegada.
«FAI DA TÚA VIDA UN SOÑO E DO DO TEU SOÑO UNHA REALIDADE»
PICA NA IMAXE
O pasado 2 de novembro celebramos a festa do magosto e samaín cantando a canción, comendo castañas asadas e bebendo batido de chocolate.
Debido ao tempo dese día, non foi posible celebralo todos xuntos como facemos todos os anos pero pasámelo igualmente ben facendo o obradoiro de caretas e cantando a canción que aprendimos con Fausto.
PICA NA IMAXE
O pasado luns 23 de outubro, todo o alumnado e profesorado realizamos a actividade cultural «Buscando as Meninas» a través de pistas entregadas nunha folla aos nenos/as de educación primaria e tamén a través das profesoras de educación infantil.
Descubrimos novas meninas, recoñecimos as meninas máis famosas e grandes e fixemos un percorrido polo barrio no que está o noso colexio.
PICA NA IMAXE
O pasado venres todo o alumnado de educación infantil visitou a lonxa de Ferrol. Desfrutamos dunha xornada moi divertida coñecendo de primeira man como son algunhas especies mariñas.
PICA NA IMAXE
O pasado 18 de maio celebramos o Día das letras galegas saíndo do centro en busca de lugares cómodos para ler.
Os nenos/as de 5º educación primaria foron os encargados de realizar a lectura As cousas de don Paco escrita polo escritor homenaxeado Francisco Fernández del Riego.
Todos escoitamos atentamente as anécdotas contadas polos seus obxectos máis utilizados na súa vida.
PICA NA IMAXE
Hai un tempo, Antón Cortizas veu ao noso centro a explicarnos o seu obxectivo: encher as rúas de nenos e nenas practicando xogos populares durante a celebración dos Maios de Canido. Nós aceptamos e os estudantes de educación infantil e o alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria acudimos ás áreas designadas para xogar á goma, á comba, ao brilé, cos aros, ao zapatiño quieto é…
Nenos e profes quedamos encantados con esta actividade!
PICA NA IMAXE
