Aproveitando a época do ano no que estamos fomos a visitar o Parque Raiña Sofía para observar as marabillas do Outono.
Aproveitando a época do ano no que estamos fomos a visitar o Parque Raiña Sofía para observar as marabillas do Outono.
No noso proxecto do magosto,coñecimos a un pintor un pouco antigo que se chama Giuseppe Arcimboldo, un pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas ou animais

…. ademáis fomos quen de atrevernos a converternos en Arcimboldo….!!!
Traballando pouco a pouco na educación emocional.
Aprendemos a facer avións de papel… e para rematar fixemos unha pequena competición…
Os estudantes de 6º de primaria estiveron traballando a Unión Europea como organización disposta a promover a paz e seguridade así como a respectar os dereitos dos seus cidadáns membros, entre outros.
Tamén traballaron o mapa político de Europa para así coñecer todos os países que compoñen dito continente.
Por último, fixeron unha presentación oral dun país escollido por cada un onde falaron da súa ubicación no mapa, o uso da moeda € e curiosidades a destacar.
ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).
DOG-12-DE-NOVEMBRO-ORDE-28-OUTUBRO-DE-2021
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar (vale de 50 €) no curso 2021-22 (actual).
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
O prazo para presentar solicitudes será do 15 ao 26 de novembro de 2021.
En 4º de primaria aprendimos como se organizaba a vida durante a Prehistoria. Tamén coñecimos diferentes restos prehistóricos que seguen hoxe en día con nós e algúns deles podemos visitalos.
Os estudantes deste curso buscaron información dalgúns destes restos formados por grandes pedras e «debuxos» en pedra que se encontran en Galicia. Aquí debaixo queda un recordo do moito que traballaron.