Noticias
La hora del té en el Club de lectura
Con motivo de la finalización del libro A avoa gánster del autor inglés David Walliams, una parte de los integrantes del Club de lectura tomaron ayer el té a las cinco de la tarde, con puntualidad británica en el comedor del colegio.
8M, día internacional da muller
O pasado venres, o centro celebrou o día internacional da muller 8M despois de traballar a igualdade de xénero en pequenos debates a través de imaxes e vídeos que mostraban dita situación.
Por mor do tempo atmosférico non puidemos xuntarnos todos como adoitamos facer sempre que hai unha conmemoración. Porén, cantamos a canción «La puerta violeta» de Rozalén (algúns utilizaron tamén a lingua de signos), comentamos as imaxes e tamén deixamos os nosos lazos violetas na porta e nos peches que hai arredor do patio.
PICA NA IMAXE
ADMISIÓN ALUMNADO – CURSO 2024-2025
Estimadas familias, ante o comezo do proceso de admisión de alumnado para o próximo curso escolar 2024/2025, aquí podedes consultar toda a información que regula devandito proceso.
PICA NA IMAXE
Rosalía de Castro, 23 de febreiro
Este venres celebramos o día de Rosalía de Castro, a nosa
escritora máis ilustre. Unha muller defensora da nosa lingua e a
nosa cultura.
Desde o club de lectura realizamos unha actividade para dar a
coñecer a nosa autora e recoñecer o traballo realizado por ela.
PICA NA IMAXE
O conto do Principiño cobrou vida
Este ano, o conto do Principiño cobrou vida no colexio durante o entroido.
O noso alumnado representou as personaxes do libro coa elaboración dos disfraces, dentro do proxecto vertical que se está a levar a cabo ao longo deste curso. A través do mesmo, traballamos valores como a confianza e a disciplina, entre outros.